xoves, 19 de xuño de 2014

As 4 estacións na fraga

Martín González de 4º B plasma neste traballo o paso das estacións nunha árbore da fraga.

mércores, 18 de xuño de 2014

Merlin et Arthur à Brocéliande

Os alumnos e alumnas de francés de 2º de ESO tiveron a ocasión de escoitar as aventuras de Merlín, Vivianne, Morgana, Arturo, Ginebra e a mítica Excalibur acaecidas na lendaria fraga de Brocelianda. Ao finalizar a lectura achegáronse ata os corredores onde poideron ver as imaxes reais da fraga de Paimpont (Bretaña francesa) que se supón inspirou a Chrétien de Troyes e outros autores do ciclo artúrico. (Fíxolles moita graza que Merlín e Arturo estean en Francia e case ao momento seguinte en Cornualles (Inglaterra)... cousas da pequena e gran Bretaña!!
Este foi o libro no que poidemos ler as aventuras de Arturo e Merlín. Está na nosa biblioteca, por se vos animades.
 Aquí tedes a foto da famosa lagoa onde Arthur recibe a espada Excalibur que a man da Dama do Lago téndelle.
Nesta outra fotografía apréciase parte da fraga de Paimpont (Francia) da que se di que inspirou a Chrétien de Troyes para describir Brocéliande.
Nesta última, á dereita, tedes a famosa fonte de Barenton, onde Merlín atopa por primeira vez a Vivianne.
As fotografías foron feitas pola profesora de francés durante unha visita á fraga de Paimpont logo dunha actividade de formación do profesorado  no CCI de Nantes organizada pola Consellería de Educación.

luns, 16 de xuño de 2014

Un, deux, trois, nous allons aux bois!

Nesta semana final de curso aproveitamos as sesións para practicar a nosa pronunciación cantando comptines françaises co tema do bosque como eixo central. Foi moi divertido e se queredes cantar con nós aquí vos deixamos os karaokes que utilizamos:

1,2,3 nous allons aux bois

Il court, il court, le furet

Promenons-nous dans les bois

Coñecendo a Fraga do Esperón


Aquí tedes un powerpoint elaborado polos alumnos e alumnas de 4º de ESO que reflicte o traballo feito polo alumnado de 1º de ESO A e B e 3º de ESO B e C en canto á visita,  medición e realización dun mapa topográfico da zona, asi mesmo fixeron unha recollida de follas das árbores da zona para proceder a elaboración de cadernos de clasificación.

domingo, 15 de xuño de 2014

Actividades da ruta realizada polo 2º ciclo de educación primaria: os vestixios da fraga de Toxosoutos.


INTRODUCIÓN.

Unha vez feita a ruta, queremos que sexades exploradores recoñecidos. Pero para ser verdadeiros exploradores, teredes que saber interpretar as rutas que fagades.

Que necesitades? Reflexionar sobre o que fixemos, aplicando as matemáticas.

Non pretendemos que teñades que resolver os problemas de xeito individual (se sodes capaces, podedes facelo e poñede as achegas como comentarios do blog). Xa que todos fixestes a ruta, faise necesario que traballedes en equipo achegando ideas para obter os resultados.  O voso titor guiaravos e resolveravos as dúbidas que teñades.




ACTIVIDADES.

  1. Partindo dunha copia impresa do mapa da ruta comprobamos, con axuda dunha regra, que a distancia, en liña recta, entre o monte Culou e o campo de fútbol de Cabanetán é de 20 cm. 

     
      Sabendo que a escala* do mapa é de 1:13200, calculade a distancia que os separan en quilómetros (con 2 decimais). Facédevos unha idea de cal sería esa distancia ollando a foto tomada dende o monte Culou.  


     A distancia que ides a obter é menor que a percorrida (5,5 km) xa que o trazado (en cor laranxa) non seguiu unha liña recta.
    *Observación: Unha escala de 1:13200 significa que cada 1cm medido sobre o mapa corresponde a 13200 cm na realidade. (3 cm medidos sobre o mapa corresponderían a 39600 cm na realidade)





  1. Esta gráfica amósanos o perfil de altitude da ruta que fixemos. Na escala vertical temos a altitude á que nos atopamos en cada momento. Na escala horizontal podemos ver a distancia horizontal que imos percorrendo ao longo da ruta (que para nós será igual á distancia camiñada). Podedes observar que o punto máis alto atópase no quilómetro 1.2 da ruta e corresponde ao cumio do monte Culou. A partires de aquí, imos descendendo ata o punto máis baixo da ruta que se atopa no final (km. 5,5) e corresponde a Cabanetán.

    1. Que cantidade (en metros) descendemos na altitude dende o punto máis alto (Culou) ao máis baixo (Cabanetán)?
    2. Que distancia avanzamos en horizontal dende o punto máis alto (Culou) ao máis baixo (Cabanetán)? Dá o resultado en km e en metros.


    3. A relación que existe entre estas dúas cantidades (cantidade descendida e distancia percorrida) chámase pendente da ruta.

      Fixádevos na gráfica seguinte. A pendente da nosa ruta (entre o punto máis alto e o máis baixo) está medida pola inclinación da recta vermella. Vede como para o cadrado vermello do final da recta puxemos o resultado do apartado b) na distancia percorrida e puxemos o resultado do apartado a) para altitude descendida.



    1. Se para a pendente da nosa ruta, en vez de avanzar en horizontal a distancia calculada no apartado b), se avanzase en horizontal 100 metros, ¿cantos metros se descendería en vertical (ata o indicador 100 en cor verde)? (calculádeo cun decimal). 
   
Observación: poñémosvos un exemplo de como facer se tiveramos unha pendente na que por cada 300 m que avanzamos en horizontal descendemos 150 en vertical.

Distancia percorrida en horizontal (metros)
Cantidade descendida en vertical (metros)
300
150
Divimos entre 3 para obter 100 metros.
Dividimos tamén entre 3 para manter a mesma pendente
100
50


O resultado é que se avanzamos 100 metros en horizontal, descenderemos 50 metros en vertical.

Observade na gráfica que segue, como ao dividir tanto a distancia percorrida horizontal como a cantidade vertical entre un mesmo número mantense a pendente, porque as rectas azul e vermellas coinciden.



 
Mirade agora o que pasa se dividimos a distancia percorrida en horizontal (300) entre 3 e a cantidade descendida en vertical (150) entre 6 que son dúas cantidades claramente distintas.


 
Vedes como a inclinación da recta punteada vermella é distinta da recta azul? Iso quere dicir que teñen pendentes distintas. Iso pasounos por dividir as cantidades horizontais e verticais entre números distintos.

Aplicade agora o que aprendestes neste exemplo ao caso particular da ruta que fixemos e que nos piden no apartado c).



      1. Cando ides no coche, tedes visto algunha vez un sinal de tráfico coma este?
 
         

Indícanos que temos unha pendente que por cada 100 metros que percorremos en horizontal, descendemos 8 metros en vertical. Comparade este resultado coa pendente da nosa ruta. Cal é máis empinada?
         



  1. A seguinte gráfica amósanos o perfil de velocidade da nosa ruta. Na escala vertical temos a distancia percorrida e na escala horizontal o tempo empregado.


     
    1. Saberiades calcular o tempo empregado en facer o percorrido en horas e minutos?
    2. Fixádevos no plano que é o tramo da zona II. Poderiades explicar que significa?
    3. Se o tramo da zona II fose completamente plano, que significaría?
    4. Cal sería o tempo empregado en andar a ruta se o tramo da zona II fose plano?
    5. Se o tramo da zona II fose plano, canto tempo teriamos descansado? Calculádeo en minutos.




  1. Para rematar, propoñémosvos un dilema que non temos claro. A ver se sodes quen de darnos a resposta:

    Despois de facer a ruta por Toxosoutos, as clases de 3ºA, 3ºB, 4ªA e 4ºB xunto cos seus titores foron comer xuntos a Cabanetán.

    Os titores de cada clase encargáronse de facer seis grandes tortillas de patacas para todo o alumnado, que os titores non comeron. Cada tortilla dividiuse en doce porcións e cada alumno/a comeu unha soa porción. Os titores comentaron que non sobrou nin faltou tortilla.
    Despois de comer, a clase de 4º B foise a xogar ao fútbol co seu titor, cando maxicamente apareceron os Estrambólicos da Fraga Máxica e fixeron desaparecer a toda a clase e tamén ao seu titor, deixando tan só o balón.
    Se todas as clases teñen o mesmo número de alumnado, saberiades dicirnos canta xente quedou en Cabanetán?





Ruta polos vestixios da fraga de Toxosoutos.

O día 5 de xuño, Día do Medio Natural, o equipo de 2º ciclo de educación primaria, en colaboración coa historiadora Maite Sobradelo e o técnico deportivo Germán Romero (traballadores do Concello de Lousame) organizamos unha ruta que percorreu os vestixios da antiga fraga de Toxosoutos, na parroquia de San Xusto.

Esta ruta planificouse para que o alumnado de 3ºA, 3ºB, 4ºA e 4ºB coñecese o medio natural do Concello, desfrutase do mesmo e realizase actividades ligadas á ruta unha vez feita.

Podedes ver na seguinte imaxe o mapa da ruta realizada.


A distancia percorrida foi de 5,5 km e o tempo empregado foi de 2 horas e 24 minutos (incluído tempo de descanso).


Agora imos comentarvos como transcorreu a ruta.



O bus deixounos no acceso ao mirador do Monte Culou.
 




 Aquí estabamos iniciando o ascenso ao mirador, Germán lideraba o grupo. A algúns xa lle fraqueaban as forzas.



 Puidemos marabillarnos coa panorámica da Ría de Muros-Noia, co Monte Louro ao fondo. Todos quedamos abraiados, lembramos que o Río Tambre e o Río Traba desembocan na Ría.



Maite explicounos onde quedaban as aldeas que se divisaban dende o mirador.


Nesta imaxe, iniciabamos o descenso cara Toxosoutos. Menos mal que o día no foi caloroso.



Pasamos pola beiriña do Río San Xusto, á nosa dereita apereceron os muíños de auga.



Mirade a perspectiva da fervenza. Impresiona, non si?


Para chegar á fervenza tivemos que cruzar unha ponte e aí nos vedes, na outra beira do río.



E por fin, a desexada fervenza e a poza que forma.




Á nosa esquerda deixamos a igrexa de Toxosoutos.




Dende esta panorámica puidemos apreciar o espazo de acceso á igrexa.






Maite explícanos nocións básicas de historia sobre o complexo eclesial de Toxosoutos. Comentounos que inicialmente o que existía era unha ermida na que se retiraran os cabaleiros Xusto e Pastor. Posteriormente fundaríase o mosteiro. Tamén explicounos o tipo de árbores que se atopan no que queda da fraga de Toxosoutos. E por suposto, díxonos que os eucaliptos non forman parte do que queda da fraga.


Se queredes coñecer máis sobre a historia do mosterio premede na seguinte ligazón.
http://www.concellodelousame.com/es/historia/mosteiro/mosteiro.html




Unha vez que Maite nos dixo que neste anaco de terra xacía o Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, non o dubidamos e puxémonos a explorar.  Decatámonos que había varias árbores, a maioría freixos e un muro grande que acotaba o espazo, onde supostamente se erguía o mosteiro.



Na beira do río San Xusto había moitas árbores abeleiras.


Mirade as súas follas. Son caedizas. E como se di en inglés a palabra caedizas? "Deciduous". 


No contorno tamén atopamos unha oliveira. É de folla perenne.



As súas follas mistúranse coas da hedra, pero non hai confusión, as follas da oliveira son follas ovais opostas.



Tamén vimos acivros. Son arbustos de folla perenne.



Despois de visitarmos Toxosoutos dirixímonos cara o noso destino final: Cabanetán.
Unha vez rematado o xantar e dado que chovía, fixemos diferentes xogos: "vexo, vexo", "un, dous, tres zapatiño inglés", xogos de corda, etc.



Iniciamos a creación do mandala de 2º ciclo.


E fixemos xogos de coordinación, co mestre Óscar (ou o que queda del na foto).


Se queredes, podedes facer achegas sobre a saída. Ata a próxima!

domingo, 8 de xuño de 2014

Unha de árbores na Fraga Máxica - co gallo do Dia do Medio Natural -

Aproveitando o Dia Mundial do Medio Natural fixemos unha exposición con diversos materiais elaborados polos alumnos (algúns tamén de anos anteriores)

Nesta parte podedes ver algúns dos libros da biblioteca cos que ademáis os nenos e nenas poden xogar e aprender sobre os moradores do bosque e de que modo podemos preservar os bosques da contaminación, do lume e da sobreexplotación.

Nos ordenadores pódense ver diferentes powerpoints sobre a flora predominante dos bosques.

Aquí tedes un xogo composto polas alumnas e alumnos de 1º A/B de ESO en atención educativa e dentro do proxecto "Xogos". Consiste nun taboeiro que se debe memorizar e logo reconstituir, no que se amosan as cortizas, landras e follas de 6 típicas árbores que poboan as fragas galegas.

Este taboeiro foi elaborado en Tecnoloxía coas aportacións de alumnos e alumnas e amosa as diferentes variedades de madeira de árbores galegas, de españa ou exóticas.



O departamento de Ciencias Naturais organizou unha saída didáctica pola contorna para a identificación de árbores e recollida de follas. Aquí tedes algunhas das que recollemos.




O obxectivo era que cada alumno/a realizara un herbario no que dera conta dos diferentes tipos de follas e as súas clasificacións.



"O home que plantaba árbores" de Jean Giono.

"El Bosque"

Na pantalla de exposicións do corredor principal tivemos a ocasión de ver as fotografías sobre as Fragas do Eume feitas fai uns anos polos alumnos e alumnas de ciencias nunha saída didáctica.