Caperucita e o lobo escaparon da fraga e saíron por arte de maxia dos petos de Loreto.
luns, 21 de abril de 2014
martes, 15 de abril de 2014
Unha fraga de contos...
Os alumnos e alumnas de Infantil A deixáronnos unha morea de personaxes de conto agochadas entre as árbores desta fraga. Serás quen de atopalos?
mércores, 9 de abril de 2014
Creamos a nosa propia fraga autóctona!!
Coa axuda da Consellería de Medio Ambiente e do concello de Lousame, o EDL rematou un proxecto que xa comezara o ano pasado.
Despois de que todo o centro traballara unha árbore autóctona da nosa comunidade e de que, unha vez rematados os proxectos, se expuxeran no corredor, por fin creamos o noso propio bosque autóctono.
Aquí estamos coas nosas árbores: carballos, biduídos, sobreiras, acivros... Foron perfectamente plantadas no terreo que o concello de Lousame nos cedeu.
martes, 8 de abril de 2014
A Fraga Encantada de Xosé Vázquez Pintor
No mes de abril tivemos as reunións do club de lectura o día 7 para os do segundo ciclo e o día 8 para os do terceiro ciclo. Este mes de abril adicámosllo ao teatro. Estivemos representando o primeiro acto da obra titulada "A fraga encantada" de Xosé Vázquez Pintor. Neste acto aparecen tres personaxes: a curuxa, o sapoconcho e o xigantón. Como soamente eran tres personaxes tivemos que turnarnos para que todos poidésemos actuar un pouco. A que máis tempo estivo en escea foi a profe Susi que facía de árbore da fraga.
venres, 4 de abril de 2014
Unha árbore chea de ovos de pascua!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)