domingo, 8 de xuño de 2014

Unha de árbores na Fraga Máxica - co gallo do Dia do Medio Natural -

Aproveitando o Dia Mundial do Medio Natural fixemos unha exposición con diversos materiais elaborados polos alumnos (algúns tamén de anos anteriores)

Nesta parte podedes ver algúns dos libros da biblioteca cos que ademáis os nenos e nenas poden xogar e aprender sobre os moradores do bosque e de que modo podemos preservar os bosques da contaminación, do lume e da sobreexplotación.

Nos ordenadores pódense ver diferentes powerpoints sobre a flora predominante dos bosques.

Aquí tedes un xogo composto polas alumnas e alumnos de 1º A/B de ESO en atención educativa e dentro do proxecto "Xogos". Consiste nun taboeiro que se debe memorizar e logo reconstituir, no que se amosan as cortizas, landras e follas de 6 típicas árbores que poboan as fragas galegas.

Este taboeiro foi elaborado en Tecnoloxía coas aportacións de alumnos e alumnas e amosa as diferentes variedades de madeira de árbores galegas, de españa ou exóticas.



O departamento de Ciencias Naturais organizou unha saída didáctica pola contorna para a identificación de árbores e recollida de follas. Aquí tedes algunhas das que recollemos.




O obxectivo era que cada alumno/a realizara un herbario no que dera conta dos diferentes tipos de follas e as súas clasificacións.



"O home que plantaba árbores" de Jean Giono.

"El Bosque"

Na pantalla de exposicións do corredor principal tivemos a ocasión de ver as fotografías sobre as Fragas do Eume feitas fai uns anos polos alumnos e alumnas de ciencias nunha saída didáctica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario